Carballeda de Avia
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | provincia de Ourense | ||||
Capital | Carballeda de Avia | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.218 (2023) (25,91 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 47 km² | ||||
Altitude | 249 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Luis Milia Méndez (2019–) | ||||
Eleccións municipais en Carballeda de Avia | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 32412 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 32018 | ||||
Carballeda de Avia é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro. Segundo o padrón municipal, en 2014 tiña 1390 habitantes (1596 en 2003).O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é carballedés[1] ou aviao.[2]
Demografía
[editar | editar a fonte]Censo Total | 1390 (2014) |
Menores de 15 anos | 84 (6,04 %) |
Entre 15 e 64 anos | 735 (52,88 %) |
Maiores de 65 anos | 571 (41,08 %) |
Evolución da poboación de Carballeda de Avia Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
3463 | 3449 | 3312 | 2822 | 1601 | ||||||||||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Xeografía
[editar | editar a fonte]O concello ten 46 km² e abrangue oito parroquias. Está situado entre as serras do Faro e do Suído.
Historia
[editar | editar a fonte]Consérvanse restos da cultura castrexa no poboado de Coto da Moura. Durante a idade media e o antigo réxime a zona pertenceu aos condes de Ribadavia, Lemos e Monterrei., así como ós mosteiros de Celanova, Melón e Oseira.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A igrexa de Abelenda das Penas é de orixe románica, e estivo relacionada coa Orde do Temple. Preto dela hai un cruceiro do século XVII e restos romanos. No adro da igrexa de San Pedro de Beiro hai un cruceiro con pousadoiro. En Beiro destaca tamén a casa do Priorato.
A igrexa de Muimenta é románica, e nesta parroquia hai unha eira con numerosos canastros. A ermida da Nosa Señora do Lodairo é de estilo románico de transición a gótico, cun peto de ánimas próximo. A igrexa de San Miguel en Carballeda de Avia é barroca.
Patrimonio natural
[editar | editar a fonte]Salienta Pena Corneira, un espazo declarado monumento natural, onde atopamos formacións rochosas senlleiras e un importante patimonio natural.
Heráldica
[editar | editar a fonte]O escudo heráldico do concello é partido e cortado, timbrado con coroa real. En campo de prata, unha carballeira de cor natural. En campo de azul, unha torre redonda de pedra superada dunha aguia voante de sable, picada e membrada de goles. En campo de ouro, unha serra de cor natural (pedra).
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes de Carballeda de Avia.
-
Panorámica de Carballeda de Avia.
-
Hórreos de Muimenta.
-
Pena Corneira.
-
Casas na parroquia de Balde.
-
Praza párroco Quiroga.
Parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Carballeda de Avia
[editar | editar a fonte]Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Carballeda de Avia vexa: Lugares de Carballeda de Avia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 44. ISBN 978-84-8158-706-7.
- ↑ Costas González, X.-H. (2016): 'Os xentilicios en galego' en Na universidade con seguridade , páx. 79. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-696-1
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Carballeda de Avia |
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |